Bernabeu Profeta López tiña sede,
moita sede. A calor apertaba e sombras, a verdade, non había moitas. Saíra a
pasear ás tres da tarde e xa estaba un chisco arrepentido, pero Bernabeu
Profeta non quería perder a sona do seu alcume: O Paseante. Todos os días saía
de paseo a esa hora; caesen chuzos de punta ou abrasasen raios de sol, coma
hoxe. Cando albiscou o bar a uns 50 metros deulle máis ritmo ós seus pasos e a
pesar de botar o fel pola boca. “Unha cervexa ben fría”, berroulle xa desde a
porta ó camareiro. E antes incluso de sentarse, a Bernabeu Profeta López
duroulle a cervexa menos que un fogo no aire. Dun trago. Dun profundo e longo
trago. “Outra”, rosmou case sen respirar. E cando o camareiro pensaba que,
agora si, a tomaría con máis calma, zas, noutro suspiro, outro foguete no aire.
Realmente tiña sede, moita sede. Bernabeu, O Paseante, pagou a consumición,
díxolle adeus ó camareiro e liscou. Seguiu co seu paseo. Para iso era O
Paseante.
Café Aitana 39 da Valenzá.
Martes, 15 de xullo de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario