martes, 8 de julio de 2014

O QUE DI O NARRADOR


               Trae outro café cando queiras. Iso lle dixo Filomeno Arias Carracedo á camareira que pasaba naquel momento pola súa beira. Filomeno medía case dous metros, aínda que moitos dicían que pasaba dos 2,20. Claro, aquí hai un erro moi grande; non é o mesmo aquel case que este 2,20. Creo que os moitos son uns esaxerados, pois o que conta é o que di o narrador, que para iso é o que inventa o personaxe, non si? Definitivamente, Filomeno Arias Carracedo mide 1,98 e punto. Debido a esta estatura, o narrador tamén di que a Filomeno lle chaman O Longo. Nin O Largo, nin O Alto... O Longo. E outro punto. O narrador deixa de falar do Longo para contar que a camareira quixo axiña traerlle un novo café ó noso protagonista, ou sexa, ó personaxe que inventou o narrador; non esquezamos isto. E tróuxollo. Ó mesmo tempo xa lle cobrou e deulle as grazas. Grazas a ti, muller, por me servir o café. O Longo ensinoulle un sorriso dentífrico e pegoulle o primeiro sorbo ó café. Segundo o narrador, por suposto.

 

               Café Aitana 39 da Valenzá. Domingo, 29 de xuño de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario