martes, 1 de julio de 2014

COMO AS ROSQUILLEIRAS


               Sobre o horizonte unhas nubes negras asoman con toda a pinta de querer descargar unha treboada. Pero a Macarena Maca Formigoso dálle igual. Ela anda ó seu, ou sexa, a buscar lugares ou grupos de persoas nos que poder meter baza, é dicir, que se apunta a todas como as rosquilleiras. Falando claro, que a Macarena Maca gústalle máis a troula e os contos que o traballo. E por iso case nunca está na casa; déixalle toda a carga a súa nai, tanto na casa como fóra dela. Macarena Maca Formigoso sempre foi así. Xa desde pequena andaba de roda en roda coa única intención de se informar de todo e non facer nada, nin tan sequera os deberes do colexio. E como a xente non é parva, como nas aldeas son máis listos cos allos, axiña lle buscaron o correspondente alcume: A Rosquilleira. É filla única de Oalla Formigoso Baria e de Xacobe Maca Primeiro. Teñen a casa no cabo de Trepalaspedras e unha galería que mira para o sur. A eles dálles igual de que lles dea o sol polo leste.

 

               Café Aitana 39 da Valenzá. Mércores, 18 de xuño de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario