viernes, 11 de julio de 2014

COMO OS SETE PECADOS CAPITAIS


              Onte acabou o Mundial de Fútbol de Brasil. Onte designouse novo secretario xeral do PSOE. Pero este recuncho escribino o venres. Aínda non había campión nin tan sequera o premio de consolación (3º e 4º posto). Mais eu creo que sobre este evento futbolístico o día que realmente quedou marcado para a historia do balompé foi o pasado martes día 8, cando Alemaña lle encasquetou a Brasil (coma quen non quere a cousa) sete goles como se foran os sete pecados capitais, cinco deles nun alustro, nun ai. Nin o maracanazo furgou tanto na alma brasileira. Se ós españois nos fundiu Holanda con cinco goles, imaxinade sete a Brasil, na súa casa e “no seu campionato”.
              Hoxe hai secretario xeral socialista. Pero o venres, no momento de escribir isto, xa abriran as navallas uns e outros, con acusacións a Pedro Sánchez por estar na asemblea da Caja Madrid na época de Blesa. Como se ve, á hora da verdade, os cordeiros vólvense lobos.
              Outro asunto importante acaecido a semana pasada, e que nos compete ós galegos, foi o ruxerruxe causado pola designación de Xosé Filgueira Valverde como homenaxeado no Día das Letras Galegas do próximo ano, pola súa vinculación ó franquismo como alcalde de Pontevedra. Aínda seguen as críticas. E seguirán.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Venres, 11 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario