Ás
veces é complicado diferenciar o morbo da homenaxe. No aniversario do accidente
de Angrois creo que houbo máis morbo que homenaxe. Por un lado enténdese, xa
que somos moi amigos do morbo ou de querer ser sempre algo máis cos demais.
Penso que a mellor homenaxe que se lle podía realizar ás vítimas e ás familias
das vítimas nese desgraciado accidente era o silencio e non toda a trapallada
que se montou desde hai tempo xa; tanto nos medios de comunicación como nas
redes sociais e como na propia Xunta. Está ben lembrar o día e estar incluso
ese día coas familias, pero, xa digo, en silencio e non esbardallando sobre tal
ou cal cousa que aconteceu aquel día. Pero aínda nos queremos sentir heroes e
opinamos sobre isto e aquilo sen importarnos a dor dos que realmente están sufrindo
por culpa duns estamentos ós que non se lles consegue meter man. Ou non se
quere.
E
segue o furacán, o xenocidio israelí lanzando bombas contra escolas en Gaza nas
que se producen, por suposto, vítimas civís e, o que é peor, nenos. Mentres
tanto, a comunidade internacional dedícase a “medio opinar”. Non pasa de aí.
Normal. Calquera lle mete man ó neno bonito de Estados Unidos. Así, o xoves xa
ían 730 mortos palestinos por 31 israelís. Como se ve, a diferenza é moi
grande. Normal; pedras contra tanques.
Finca
Fierro. Venres, 25 de xullo de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario