Un teléfono negro sobre a mesa.
En silencio. É raro ver un móbil quietiño sobre unha mesa dunha cafetaría. Onte
mesmo vin detalle que me impresionou: cando ía pola beirarrúa e ó pasar por
diante dunha terraza había unha mesa ocupada por dúas parellas de mozos e os
catro andaban dálle que dálle ó móbil. O meu pensamento foi para esa presunta
cita, para a que imaxino que se chamarían ou se mandarían un whatsapp deses
para quedar a tomar algo. Entendo que cando fas isto tamén é para charlar un
pouco. Mais a imaxe que se amosaba nese momento non tiña nada de conversa, nada
de amizade ou veciñanza ou camaradaría; cada un fochicaba no seu móbil e a cada
un lle importaba un carallo os demais. A verdade é que hoxe en día hai exemplos
destes a moreas. É raro, polo tanto, ver un móbil sobre unha mesa e que unhas
mans non o manipulen. Alguén , se acontece iso, ata lle chamará parvo ó dono do
móbil. Para que quere un móbil? Para velas vir? Pois aí segue; quietiño,
silencioso, incluso sen vibrar.
Café Aitana 39 da Valenzá. Luns,
23 de xuño de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario