domingo, 6 de julio de 2014

A REBELIÓN DOS MODESTOS


              No momento en que escribo para este recuncho hebdomadario estou contemplando o partido de cuartos de final do Mundial de Brasil entre Francia e Alemaña, dous dos (presumibles) grandes do fútbol mundial. E aínda quedan como presuntos grandes o anfitrión Brasil, Arxentina e Holanda. O máis seguro é que gane o Mundial unha destas (supostas) grandes seleccións. Digo supostas porque, para un servidor, este Mundial está sendo o titular deste relato. Porque practicamente a todos os grandes lles custou moito ganar os partidos, incluso na fase clasificatoria. Non digamos xa os modestos dos oitavos, onde, dos oito partidos, cinco tiveron que ir á prórroga, e deses, dous, houbo que resolver o encontro, a clasificación a penaltis. Para o espectador, creo que para o espectador español (por aquilo de non estar xa a nosa selección) foi algo así como a nosa propia Liga; que os dous grandes estiveron a velas vir e foi un, máis ou menos, modesto o que a acadou. Non creo que isto suceda no Mundial, pero creo que nos chega con haber gozado dos oitavos de final e dos cuartos, onde Costa Rica, Colombia e Bélxica foron as nosas seleccións. Alguén dirá: non hai inimigo pequeno ou xogan once contra once. É certo, pero, a pesar de desexalo, as seleccións pequenas seguiron quedando ás portas… coma sempre, porque os cartos son os cartos, cos cartos mérquense estrelas.


              Finca Fierro. Venres, 4 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario