jueves, 3 de julio de 2014

UN RATO NA BARRIGA


               Sinto que me anda un rato na barriga e a debilidade é a causante de que me treman as mans. Cando isto sucede, pásoo mal, moi mal. A maiores do tremor de parte das extremidades superiores, empezo a suar e pouco a pouco quedo sen forzas. Sufro de tal maneira que se vou conducindo teño que deter o coche ou estar á espreita para que o vehículo non se me saia da calzada. Se estou traballando nas labores do campo, teño que acougar axiña e sentar. Se estou na casa, non me queda outro remedio que lanzarme ó primeiro alimento que pille a man. E cando isto acontece empezo a comer de tal maneira que nunca me sinto farto. E sigo, e sigo, e sigo. Chega un punto en que paro (a pesar de non sentirme farto), pois sei que dun momento a outro o meu estómago xa non notará o rato na barriga, senón que se sentirá como un bombo e empezarei a suar, agora si, a causa da fartura. Chega un momento no que penso en que será peor, se o remedio ou a enfermidade, se o rato ou o leirón.

 

               Café Aitana 39 da Valenzá. Luns, 23 de xuño de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario