É sabido da miña afección e do
meu amor polo fútbol, pero aínda así, isto non evita as miñas críticas cara á
certos detalles do mesmo. Chego a entender a paixón de moitos polo deporte rei
español, pero discrepo un pouco ou quizais un moito do fanatismo. Creo que
existe unha pequena diferenza en que unha persoa asista, por exemplo, desde Alacante
ata Madrid para ver un partido de fútbol no que xogue o equipo merengue e que
esa mesma persoa asista á simple presentación dun xogador. Foi o detalle que
vin (e non me gustou) o outro día na televisión cando se levou a cabo a
presentación de James Rodríguez, a nova fichaxe estrela do Real Madrid. Seguín
a este rapaz no Mundial e foi o que máis me gustou de todos, pero nin así creo
que sexa merecente de que corras media España para velo tan só durante uns
minutos. E non analizo o pensamento de moita xente hoxe en día: “ó mellor os
fillos dese fanático están a pasar fame”. Ó mellor si; pero as cabezas da xente
ás veces non regulan.
Café Aitana 39 da Valenzá.
Mércores, 23 de xullo de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario