viernes, 11 de julio de 2014

O AVANCE DO MUNDO LABREGO


               O que avanzou a agricultura, arre demo! Incluso o mundo labrego galego. Antes ías para as leiras cun arado de pau e a súa xunta de vacas, ou cunha fouce ou fouciño, ou cunha gadaña, ou cun sacho ou aixada. Agora vas cun tractor ou con algún deses aparellos mencionados e, por suposto, cuns auriculares para escoitar a música que cospe un MP3 ou o propio teléfono móbil. Para rematar o gran cambio, algúns xa levamos incluso unha cámara fotográfica (por se a do móbil é ruín) para inmortalizar animais ou produtos que afloran na nosa terra. Mentira!; é para subir, logo, ó facebook ou o youtube. Pois mira que si avanzou! Antes andabas arrastrado detrás de tres vacas e un burro e agora vas para a finca, para o eido nun coche último modelo (o de último modelo é un dicir, ou sexa, os que o teñan, claro). Mais o reverso da moeda está na subsistencia, nas ganancias; agora o gandeiro vende máis barato e compra máis caro. Tócate os...!

 

               Costa da Gándara en Ramiras (Castrelo de Miño).

Xoves, 10 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario