jueves, 10 de julio de 2014

EN PRIMEIRA FILA


               Xa estou en posición. Para ver o partido Arxentina-Suíza. En primeira fila... da terraza, claro está; non do campo de fútbol. Son un fanático do fútbol, pero non ata o punto de gastar cartos nun partido. E podendo velo pola televisión. Certo, no campo é outra cousa, pero... Pero as aglomeracións nunca me gustaron; e detalles que vin de antigo aínda menos. Lembro unha vez no Santiago Bernabéu a principios dos oitenta, máis en concreto no marzo de 1983. Real Madrid-Celta (3-0). Un galego que pasaba por diante miña cunha bandeira galega e que se lle deu por izala ó vento, por abaneala un chisco... case se lean con el. Desde aquel día me dixen que non volvía máis ó fútbol. En partidos grandes, claro. De cando en vez vexo o Barbadás e unha vez coincidiume ver ó meu equipiño, o Molgas. Xa conectaron co Arxentina-Suíza. Hoxe son suízo. Onte fun alxeriano (contra Alemaña). Ó non estar España e, logo, Portugal, sempre vou co máis modesto. Oxalá ganara o Mundial Costa Rica, carallo, ou Colombia.

 

               Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 1 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario