sábado, 19 de julio de 2014

GOLDRAR


              De rapaz, cada dous por tres, goldraba o río Arnoia polo alto da Pitediña para cruzar coas vacas para o monte de Pinouzos e, logo, goldraba o río de Tioira para pasar de Barricobos ó Río Vello ou da Tapada Nova a Portugalego. A primeira vez que usei a palabra goldrar, o ordenador axiña a subliñou cunha raia vermella, é dicir, erro, palabra mal escrita en galego. Arre demo!, pásame o mesmo que con atugar. Dicionarios ó canto. Nada. Google como táboa salvadora. Aquí apareceu algo. Pero non o significado que eu lle quería dar (o de cruzar un río descalzo, xeralmente co pantalón arremangado ata os xeonllos). Os significados que atopei versaban sobre “adobar as peles para que solten a pelambre” ou “pudrise ó sol unha substancia”, “facer cervexa o mar”, “escurrir, escoar o caldo”. Volve ser Elegio Rivas Quintas (por ser da miña comarca) o que se achega un chisco ó uso que lle dabamos a ese verbo; polo menos os de Baños de Molgas: “Salpicarse de auga e barro, atravesar sen reparo por lugar fangoso”


              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 15 de xullo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario