Sen
analizar moi a fondo os acontecementos da semana pasada, vemos que,
practicamente, é o de sempre. Ou sexa, noticias que cabrean. Empezo a entender
a esa xente (na que me inclúo) que usa o fútbol coma un escape á realidade.
Aínda que o teu equipo perda (e polo que sofres, claro está), sempre lle podes
buscar algún outro aliciente a esa perda; que tal xogada foi bonita, que tal
parada foi impresionante, que se seguimos xogando así salvarémonos, etc. Pero
que aliciente lle atopas á realidade de 458 nenos mexicanos escravizados por
unha institución que os acollía, que os obrigaban a mendigar e que sufrían unha
e outra vez abusos? Nin a súa liberación che pode alegrar a alma. Que aliciente
lle atopas á situación do pobo palestino masacrado un ano si e outro e outro e outro
tamén polos israelís? O xoves pola noite ían 230 mortos palestinos (45 nenos)
por dous israelís. E tamén o xoves, o fillo putativo de Estados Unidos
ordenoulle a 100.000 palestinos de Gaza que deixasen as súas casas porque, se
intúe, pode haber “as de Dios es Cristo”. Que aliciente pode haber na nosa democracia
cando ves que o PP se está cargando practicamente todo; desde a educación á
cultura, desde a sanidade á propia liberdade. Hoxe existe máis censura ca
nunca. Ante este panorama: viva o fútbol! e o cine! e a lectura! e a música! Un
escape á realidade.
Café
Aitana 39 da Valenzá. Xoves, 17 de xullo de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario