Sucede moi pouquiñas veces, pero
hai días nos que a prensa escrita se lle dá por sacar noticias simpáticas ou
polo menos curiosas. A ver!, tamén os rotativos pensarán que non todo é un val
de lágrimas nesta nosa sociedade. Resulta que un loro anglofalante, máis en
concreto ianqui, fuxiu da súa casa e cando se lle deu por volver, logo de catro
anos, chegou... falando castelán! Non sei, imaxino que marcharía para estudar
idiomas. Ou ó mellor pensou que se algún día tiña que emigrar (nunca se sabe,
por moi país rico que sexa Estados Unidos), qué mellor que facelo con estudos
lingüísticos. E segundo non foi parvo para fuxir e para aprender outro idioma,
tampouco foi parvo para escoller o tal idioma, un dos máis estendidos do mundo.
E como animal tropical que é, qué mellor lugar que América Latina. Non sei por
que pero dáme que esa “emigración voluntaria” realizouna a un país con fala
castelá. Tamén o imaxino, agora, polas noites, practicando na lingua de
Cervantes mentres os seus amos americanos dormen a perna solta. Calquera día
volve largar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario