jueves, 16 de octubre de 2014

MATALAS EN VIDA

 

               Falar de cifras é moi sinxelo. Chega con escribilas e xa está. Tan só nos fixamos no número escrito, pero tardamos moito en asimilar a cantidade. Se escribimos 100 vemos un 1 e dous 00, e seguimos lendo. Non nos entra o valor da cantidade real na cabeza. Así, se lemos que cada 3 segundos obrigan a unha nena a casarse, os nosos ollos tan só ven un 3 e seméllanos unha cantidade ben pequeniña. Tardamos en relacionar ese pequeno número cos segundos. E cando xa asimilamos isto, non queda outro remedio que compadecerse das 39.000 nenas que as obrigan a casarse cada día. Esta cantidade si empeza a asustar xa, porque empezas a sumar días. E, como non, asusta aínda máis a escravitude que padecen 14 millóns de rapaciñas de entre 5 e 18 anos. Porque esta obrigación si é unha escravitude. O matrimonio ata, os fillos non te deixan respirar, pero a situación desas nenas en países subdesenvolvidos é de auténtica crucifixión. Sabemos o que lles obrigan a facer nas súas casas. Que sabe unha nena de seis anos da vida? Iso é matalas en vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario