miércoles, 15 de octubre de 2014

O DÓ DE PEITO


               Por un lado: obras son amores. Creo que di así o refrán. Por outro lado: o que se di sempre; que se teñen que celebrar eleccións todos os anos (ou todos os días) para que a Xunta, o Goberno, os concellos, as administracións solten o dó de peito para contentar ós cidadáns. A nosa sociedade, hoxe en día, confórmase con simples arranxos ou parches por aquilo de que sempre hai medo a “podía ser peor”. Entón, fregámonos as mans cando nos decatamos de que nos están arranxando unha estrada, por exemplo. E si, chéganos cun simple parche nunha fochanca á que xa non se lle vía o fondo. “Polo menos arranxárona”. Que é o que conta. A fochanca volve ser focha tan axiña como se recollen as urnas das mesas electorais. Pero que máis dá!, dentro de dous anos o dó de peito dos políticos (de calquera ideoloxía) volve contentarnos con outra partida de euros para inverter, para empregar en camiños municipais. Somos tan mansiños que nos chega cun simple moco de cemento ou de asfalto. E ata as próximas votacións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario