viernes, 3 de octubre de 2014

QUE O DEMO VAIA CON ELA!



              Alá foi! A vendima. O que, se non! En vez de dicir Deus, case digo que o demo vaia con ela. Porque se o demo representa algo maligno, a vendima, para un servidor, non ten nada de bo, nin tan sequera esas parolas, esas bromas que se levan a cabo entre familiares e amigos. Porque si, rir ata poida que te rías ben, pero entendo que o fas a primeira media hora, xa que logo… logo o sorriso vaise conxelando e as palabras non acaban de arrincar desa boca que, pouco a pouco, se volve pastosa e amarga. Non se di sempre que a dor é amarga? Hai moita dor nunha vendima. Dor nos riles dos que vendiman e dor nos riles e nos brazos dos que teñen que vendimar e cargar e transportar os cestos. O momento aquel de izar un cesto para unha persoa que só ten ósos non llo desexo a ninguén. E hai que izalos do chan a unha carretilla, desta ó chan onde os vas colocar para, despois, subilos ó tractor, polo que, de novo, hai que erguelos, e volta outra vez a levantalos para poñelos ben no tractor e outro levantamento máis para situalos no chan onde se cagarán no camión (o que significa outro movemento máis aínda). Rambo seica dicía “non sinto as pernas”. Un servidor di “non sinto nada”. E non analizo aquí os ardores de estómagos nin o calo que teño na planta do pé esquerdo… con todas as voltas que lle dou á viña. Normal que diga entón: que o demo vaia con ela! Coa vendima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario