viernes, 17 de octubre de 2014

LINGUA VIPERINA


               Púxeno a andar, díxenlle cousas que lle chegaron ó oso. Díxenllas a Fabricio Artesa Palleira. Ola. Chámome Adaia Adorno Floresta e teño unha lingua viperina. A ver, non deixo que ninguén me asoballe! Moitos pensan que porque son muller son fácil de manexar. Vin perfectamente que Fabricio Artesa viña cara min coa mente sucia. Se se lle vía a leguas nos ollos! Con razón lle chaman O Saído! Sempre anda á espreita a ver se caza algo. Como se foramos trofeos. Sempre ten a man dereita metida no peto do pantalón e todos saben que é para tocar as súas partes. Ai meu Deus, que fará de noite na cama! Pero eu nunca lle andei con lerias: “Mira, Saído, nin tan sequera me mires, que che mando tal labazada que se che encolle a pixa de golpe”. Claro, a xente, cando me oe, di que teño a lingua viperina. Mais eu o único que fago é defenderme. A min non me aldraxa ninguén! E moito menos ese macaco que só sabe fregar e rañar a súa gaita! Que lle vaia tocar as tetas á súa nai! Púxeno a andar ó momento. El que pensa...!

No hay comentarios:

Publicar un comentario