viernes, 3 de octubre de 2014

VIVO ANCORADO NO PASADO



              Non evoluciono cos tempos. Recoñezo que vivo ancorado no pasado. Non consigo asimilar o nome de rúa; para min sempre será a carreira. “Mira que tiro isto á careira”. “Anda, vai durmir á carreira”. Non me entran na cabeza as prazas das aldeas, das vilas; para min serán sempre airas. A praza da Igrexa de Baños de Molgas (á que agora seica lle chaman “a placita”), para un servidor será sempre a Aira de Arriba. Tamén é certo que non descubro nada neste relato se digo que a infancia está, de continuo, presente na miña mente. Levo centos de relatos nos que a nenez, os días de monte coas vacas e de xogos por entre os palleiros das airas asoman cada dous por tres nestas pinga de orballo e nos recunchos hebdomadarios. Nin tan sequera evoluciono cos tempos con respecto á música. Nos oitenta rebentei as caixas das tendas mercando bandas sonoras e CD´s con música daqueles anos e anteriores e aí me quedei. Todo morre e se desvanece, soamente ti, recordo, te eternizas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario