Escoita o ruxerruxe do vento
polas ladeiras do monte Medo. Que vento?; se está o sol caendo de plano sobre o
campanario da igrexa de Baños de Molgas. A ver, oh!, é para meterlle algo de
emoción ó conto, e se falo do vento xa sabemos que este sempre deixa algo para
dicir; ou sexa, que pode abanear o cabelo dunha muller ou pode arrincar unhas
tellas de calquera tellado ou incluso arrincar un amieiro da beira esquerda do
río Arnoia ou... E por que non da beira dereita? A ver, home; sabes que non son
de dereitas. Ti non te fixas que cando escollo un lado sempre o fago segundo a
bondade ou a maldade do asunto a tratar? Por exemplo, se me queixo, digo sempre
que é algo do lado dereito, porque a dor é mala; e se me alegro de algo lateral
pois digo a parte esquerda, porque a alegría é boa. E a ver se me entendes; non
son nin de dereitas nin de esquerdas, pero aquelas déixanme un resentimento que
non me gusta nada. Digamos que son nacionalista e xa está. Pero iso é peor que dicir
dereitas e esquerdas. Vaia, pois é verdade! Arre demo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario