viernes, 3 de octubre de 2014

MOITOS MUNDOS NESTE MUNDO



              Hai moitos mundos neste mundo propio. O mundo dos lobos que oulean e dos cordeiros que nin tan sequera bean. Cada louco co seu tema. É dicir, cada quen que diga e faga o que lle deixen dicir e facer. Ai si!, non todo é coma un pensa. Os lobos corren polos outeiros de Sudalomba e os cordeiros outean no val de Barricobos. Teñen medo a que chegue o lobo, ou unha manda de lobos. Vivimos nun mundo de lobos. Que atacan sen avisar, que morden sen compaixón. E, logo, cada quen ou cada cal que se defenda como poida, ou sexa, cos brazos cruzados, ou a velas vir. O mundo dos que non teñen conciencia e o mundo nos que pensan na conciencia. Pobres ilusos!; ninguén respecta nada e todos asumen, ou asumimos, o rol de vivir dobregados polos lobos que oulean, que atacan, que morden. Mais non queda outro remedio que vivir neste mundo no que vivimos. E que alguén (Deus?) reparta sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario