sábado, 25 de octubre de 2014

TEMOS O FEL CORROMPIDO



              Dá medo coller os xornais á primeira hora da mañá. A corrupción. A verdade é que semella un tema xa aburrido; que cansa incluso. É nisto precisamente onde vai estar a nosa perdición. Que cansa. Porque todos os días, a todas as horas, en todos os xornais, en todas as cadeas televisivas sempre les ou escoitas o mesmo: que tal alcalde está sendo investigado, que tal ministro é un corrupto, que tal político cheira a podre. E, claro, o tema aburre, cansa, desmoraliza (como hai tantos…) Pouco a pouco empezas a pasar do asunto e empezas a asumir que é o que hai, incluso acabas asegurando que o político que non é corrupto é un parviño de carallo. Desde o concello máis ruín, ou sexa, máis pequeno ata a administración máis grande, é dicir, ata o propio Goberno e pasando por todas as Comunidades Autónomas, a corrupción aflora polos catro recantos dos despachos e dos móbiles. Xa a temos tan asumida que nin tan sequera se nos dá por querer rebentar o mundo. A situación do noso país está tan ulcerada e nós tan emporcallados na merda que o seu cheiro, como se adoita dicir, esváranos. Ata nos parece ben que ninguén vaia ó cárcere. Para que? Tamén as prisións se volverían corruptas. Vivimos nun país acovardado. Isto non rebenta nin arrincándonos o fígado. Temos o fel corrompido, ulcerado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario