A
semana pasada a exhumación de Franco
varreu incluso
dos medios de comunicación á situación catalanista.
Hoxe aínda segue
a colear o traslado do ditador. A
min ponme moi nervioso ese señor e o seu réxime. E, agora mesmo,
aínda me pon máis a súa familia. Están a queixarse unha e outra
vez do trato que se lle dispensou e se lle dispensa ó seu parente.
Case, case o mesmo trato que o noso país, o noso Goberno lle
dispensou a toda esa camándula, que viviron e están a vivir a conta
nosa. Noutros países, cando un pobo se ergue contra as ditaduras, os
ditadores e toda a súa prole foxen ou exílianse coma
cans con vincha ó rabo, coma quen leva o demo detrás.
Aquí, os que realmente se exiliaron foron aqueles que se sentiron
acosados, maltratados, insultados,
inxuriados e vilipendiados. Nin
con isto lles chegaba a eses avaros do poder, pois non tendo en quen
meter o dente
querían morder unha e outra vez ós familiares que quedaron e
aguantaron cheos de medo. E eses mamalóns
quéixase do trato. Se o peor dese parente ó que trasladaron con
case honores de Estado (non fose o demo que...) non foi que se
levantase en armas, senón o que aconteceu
despois, o que fixo ó verse vencedor. Agora, a súa familia e esa
restra de adeptos
que aínda hai nesta España nosa (e hai moitos, moitos) quixeron e
queren un bo trato para esa “pouquiña cousa” de, iso si, mente
retorcida. Que non se queixen, que se fora noutro país, moitos deses
familiares deberían de estar nos presidios que ergueu o seu parente,
ou a picar pedra derrubando os encoros que mandou construír.
Os
que se queixan son agora os do PP polo asunto dos prazos do AVE á
nosa Comunidade. Quéixanse agora. Mentres estaban eles no Goberno,
as queixas brillaban pola súa ausencia. De todas formas, si que é
verdade que, estando uns e outros, Galicia, xa se sabe, o cu do
mundo. Como di Ana Pontón: deben de pensar que somos parvos. Aniña,
algo si somos; xa verás como o día 10 dámoslle a eses dous
partidos a nosa confianza... para que nos sigan dando por aquel
sitio. O máis triste de todo é que os galegos deses dous partidos
sempre aran a favor dos do outro lado do Padornelo. Así nos vai. Así
estamos (e estaremos) sen AVE.
Finca
Fierro. Sábado, 26 de outubro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario