Sempre
pensei que as cousas non son como parecen. Ás veces vou polo aire e
outras bailo sobre a folla dun loureiro.
Cando
na realidade é que estou quieto. Sempre me gustou soñar esperto.
Escoito a banda sonora de “Baixo o fogo”, de Jerry Goldsmith, e
xa non me preocupa que mañá sexa día de escola. Tampouco me
importa deitarme tarde. Son de pouco durmir. Porque sigo dicindo que
é bonito soñar esperto. As cousas non son o que parecen. Semella
que me leva tempo escribir un pobre relato que non di nada, pero
estou a piques de construílo a gran velocidade. Porque o tempo
aprema.
E como non sei estar quieto, nese pouco tempo que me queda libre, teño que actuar, facer algo, para non aburrirme, para no desesperarme. Férveme o sangue. Báilanme os nervios. As cousas non son o que parecen. Semello un santo bendito, pero na realidade son un besbello, un fuxefuxe. Ata estando con alguén, se non falamos, teño que facer algo: asubiar, ou rosmar, ou borboriñar, ou facendo tremer as pernas. O caso é matar o tempo. Ou confundilo, enganalo. Coma quen que non pasa, ou que voa. Depende da situación. E sempre, pero sempre queda a esperanza de ir polo aire para bailar sobre a folla dun loureiro e desde aí... que rebenten os meus sentimentos, que estouren as miñas ansiedades e que se acomoden os meus versos. Eses versos que non son o que parecen. Ou que parecen o que non son. É igual.

Finca
Fierro. Domingo, 6 de outubro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario