miércoles, 16 de octubre de 2019

CHOVE SOBRE...

Chove sobre a praza Alcatruz de Maceda. Tamén chove sobre algunhas ideas do noso presidente Núñez Feijóo. O outro día lanzou unha frase que, sendo curta, fíxome rir (ou causoume pena) por dúas veces. Máis ou menos coma dicir que meter dous esperpentos en tan só 13 palabras. “Se un político a fai, págaa; non ten máis dereitos que outro cidadán”. E quedou tan pancho. Primeiro esperpento: que se a fai, págaa. De risa. Precisamente os do seu partido fixeron tantas trapalladas que, mira ti, non pagaron por ningunha. Segundo esperpento: non ten máis dereitos que outro cidadán. Esta xa é de gargallada.
Chove sobre o canastriño que adorna a praza Alcatruz de Maceda. Multan a uns multicines de Zafra (Badaxoz) porque lle impiden ós espectadores acceder ás salas con comida e bebida de fóra. Deberían multar ós dous: ós espectadores por levar comida a un lugar ó que vas ver unha película (comer cómese nas casas e nos restaurantes) e tamén ós propios cines por deixar entrar comidas e bebidas de dentro e de fóra.
Chove sobre o Premio Planeta de literatura. Como para crer agora nos premios pola súa calidade. Daríanlle o premio a Javier Cercas e o posto de finalista a Manuel Vilas pola calidade das obras ou por querer roubarllos á competencia, isto é a Penguin Random House? Se antes se desconfiaba dos premios, agora... Agora segue a chover nesta mañá gris e escura.

A Cervexaría de Maceda. Mércores, 16 de outubro de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario