O
gran acontecemento semanal da nosa provincia foi sen ningunha dúbida
a 24 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense,
o cal, e aínda sen datos definitivos,
penso eu que foi todo un éxito, polo menos na calidade dos filmes.
Levo moitos anos cubrindo o festival para este xornal e nunca me
pasara o de chegar á asistencia dunha película e atoparme co
letreiro de “esgotadas as entradas”. Este año semella que onde
máis se puxo ese rótulo
foi coa película galega “O que arde”. Pero o cheo nas salas
alcanzou tamén a outras películas, incluso estranxeiras. Creo que
definitivamente aquí empeza o auténtico impulso a este
acontecemento cinematográfico que, para o ano que vén, cumprirá xa
25 anos de existencia. Un cuarto de século, que non é cousa de rir.
Ou o que é o mesmo, vodas de prata.
Se
agora retomo o vieiro
de analizar ou comentar outras novas semanais, atópome con que o
alcalde de Ourense recoñece que se gastará un diñeiral en
contratar asesores, pero que merecerá a pena. Claro, como non vai
merecer a pena! Para os asesores seguro que si! Non obstante, o que
non me cadra ben é o significado de asesores: quere dicir que
os que están de concelleiros non teñen nin idea? Un asesor ou dous
ou tres, como moito, vale; pero unha morea deles dá a entender que
os que están aí están por estar.
Non sigo co asunto, a ver se me ameazan por sacar estas multas, digo,
estas cousas na prensa Por certo, non fai falta mirar para Venezuela,
por exemplo, cando temos a algúns ben cerca que pensan que todo o
mar é peixe, que todo son fanecas.
Ultradereitas
boicotean o pase da película “Mentres dure a guerra”, de
Alejandro Amenábar. Pobres infelices, están a facerlle un favor á
película: canto máis se fale dela, máis xente vai a vela. Non
saben que o peor insulto é a ignorancia. Lembro cando estrearan “A
derradeira tentación de Cristo”, de
Martin Scorsese, que, a base de rezos ante as portas dos cines, a
recadación foille vento en popa a unha película que non é das
mellores dese xenio cinematográfico. Pero somos tan inocentiños,
inocentiños...
Epílogo:
nas eleccións do 10 de novembro arderán as
igrexas, digo, as urnas.
Finca
Fierro. Sábado, 5 de outubro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario