Fun
ós cogomelos. Medio chovendo.
Collín
pouca cousa. Iso si, dos xeonllos para abaixo, todo mollado. Así é
que logo cansei. Axiña me aburro. Pásame coma cando, de rapaz, fun
unha vez á pesca (entendendo por pesca cunha simple vara de amieiro,
torcida, facendo de caña) que, ó picar os peixes, unha marabilla!,
pero ó non facelo, que aburrimento! Nos cogomelos axiña pensei
tamén no tempo que estaba perdendo de lectura por culpa duns boletos
que ó mellor non valen para nada. Xa que a miña dona é algo
especial para eles... que se teñen algún bichiño de nada, que se
están enchoupados, que se parecen tal, que se semellan cal,
etcétera.
Mentres andaba a eles tamén pensaba nos pobos oprimidos. Sempre defenderei ós oprimidos, ós asoballados! Andei polas poulas cheas de carballos, e de toxos, e de xestas, e de matogueiras. Agora mesmo, nos baixos do pantalón, noto como ás veces os toxos que quedaron enganchados me rabuñan a pel das pernas. Estoume cansando de ir ós cogomelos! E menos mal que hoxe botei pouco tempo. Porque sufría a causa dun libro que tiña no asento do copiloto do coche. Eu sabía que estaba a esperar por min! Botábao de menos! E iso que estou a ler máis ca nunca; practicamente máis de seis horas diarias. Pero pásoo tan ben! Malditos cogomelos! Marchei correndiño para o coche e alí estaba: o meu soño, o meu consolo, o meu desexo.

A
Cervexaría de Maceda. Xoves, 17 de outubro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario