A
noticia diaria, semanal e
mensual que imperou
nos medios de comunicación foi
o asunto de Cataluña. Eu
non vou falar de Cataluña. Porque se o fago enfadaría a moitos. Así
é que deixo que falen outros, que escriben para o gusto da maioría.
Recoñezo unha vez máis que sempre vou a favor do débil, do
asoballado. Non sigo porque se non vaise descubrir todo e habería as
do demo e a mona. Podo
escribir entón
sobre a chuvia. Si, parece raro pero cada vez é máis complicado
falar da chuvia. Porque cada vez chove menos. Ten o seu aquel falar
da chuvia en pleno outono, cando se entende que deberiamos estar xa
acostumados a días chuviosos, a horas pechados nas casas porque o
tempo non está para paseos. A estas alturas non deberiamos pedir que
chovese. Non hai moitos días, lendo polo
paseo do río Sor en Maceda, déuseme por probar a cruzar o río... e
cruceino! Sen ningún problema; simplemente con dous coios que
sobresaían un chisco. Non lembro agora que xornal foi o que traía,
tamén hai uns días, unha foto do río Limia ó seu paso por Xinzo
de Limia. Sequiño por completo! En pleno outono! Choven máis paus
en Cataluña que pingas de auga sobre Galicia. Que dixen!; nada de
Cataluña.
Tamén
vin nos xornais algo relacionado sobre o acoso escolar. O acoso
escolar é un asunto tan triste, tan triste que me enrabecha moito.
Aínda que, agora mesmo, o que máis me rebenta é que ó acoso se
lle chame bullying. Pero se ata acoso é máis curto! Aquí si lle
boto a culpa ós medios de comunicación por deixarse vencer polas
palabras de fóra. Seguro que é porque pensan que dan máis
categoría, máis empaque. Se ninguén escribira ou dixera bullying,
ninguén lería ou repetiría a susodita. Deixando a queixa sobre a
linguaxe, non queda outra que solicitar vixilancia, moita vixilancia
nos colexios. Porque o acoso é algo terrible, é algo que pode
marcar para sempre a unha nena ou neno. O acoso é medo, moito medo.
Lembro na miña época dos Milagres como se me encollía o estómago
cada vez que pensaba que me podía atopar co típico abusón que hai
sempre neses lugares. Ás veces non facía cousas polo medo de non
pasar por tal ou cal sitio. E si creo que
en moitas
ocasións se
poderían evitar eses acosos, porque todos saben (incluídos
profesores) quen son os “grandes machos”.
Finca
Fierro. Sábado, 19 de outubro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario