Media
mañá perdida buscando biosbardos por entre os piñeiros da
infancia.
Tan
só ó final atopei un que me dixo: a vida atráncase ás veces ante
o disimulo da memoria. Media mañá loitando contra os momentos que
se enredaron
entre si, de cando un era dono da súa vida. A vida, moitas veces,
baila ó ritmo que non queremos. Quero navegar por entre as liñas
cuadriculadas dun caderno en branco.
Hai que enchelo con eses biosbardos que queren ir e vir pero sen se
mover. Pensarán que non sempre
o movemento se demostra andando. Algunhas veces, tan só algunhas
veces a quietude é unha carreira na que espallamos
esas etapas que nos marcaron de cando o mundo (ou o tempo) non se
quedaba quieto.
Sempre souben que o barullo era o colchón do silencio. Deito entón para quedar caladiño e que o resto da mañá transcorra por entre os biosbardos que levan acochados moito pero que moito tempo. Quero berrar por eles, pero estou en silencio. Deixo entón que sexan os meus ollos os que conversen. E digo coa mirada que entre os piñeiros da infancia había unha inocencia que estouraba por entre a algarabía dos desexos. E canto con outra ollada desde un penedo para que se me escoite desde o quinto inferno. Ó final semella que aproveitei o resto da mañá. E deixei ós biosbardos no seu cubil cheo de fogos de artificio que estouran e non brillan ou que rebentan e pérdense no infinito. Abraceime ó colchón do silencio.

A
Cervexaría de Maceda. Luns, 7 de outubro de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario