domingo, 12 de agosto de 2012

AS VACACIÓNS DE JACINTO



              Trinta pelos sobre a cabeza e catro unllas na punta da lingua. Así se presentou Jacinto Corbacho Cubelo no bar da aldea, e logo de facer a viaxe por vacacións ao planeta Suspiros de España. Os paisanos que o viron entrar puxeron ollos de prato e bocas de peixe boqueando. O asombro era maiúsculo. Jacinto Corbacho tusiu a causa da apurada e da súa boca saíron catro paxariños brancos que buscaron a liberdade por unha das fiestras do bar. Ninguén se atreveu a preguntarlle polas características do planeta Suspiros de España. Porque ninguén tiña intención de pasar alá as súas vacacións. Tampouco Jacinto Corbacho Cubelo nada explicou. Tomou o café, que lle saíu polas orellas, e marchou.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Xoves, 9 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario