jueves, 9 de agosto de 2012

O PÉ NA AUGA



              Quita o pé da auga que se che molla. E co pé mollado deixas a alfombra perdida. E se a alfombra se ensucia, son eu quen ten que limpala. E para limpala teño que dobrar o cernizo, que me doerá unha barbaridade, porque como somos pobres de solemnidade non temos un aparello deses que seica aspiran o lixo. E ti sabes como son?, sabes como son eses aspiradores? E di a xente que para que funcionen hai que enchufalos a un enchufe. E iso para nós é algo prohibitivo; non temos con que pagar a luz. É que por non ter, non temos nin luz. E mira que manda truco coa luz!; a estas alturas andar á cegas tan só o fan os pobres de solemnidade. É que somos realmente pobres! E quita o pé da auga xa dunha vez, carallo!

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Xoves, 9 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario