lunes, 20 de agosto de 2012

PLASMAR AS PARVADAS



              Rima o verso. Chouta o saltón. Corre o tempo. A folla baila ao ritmo do vento. Unha muller canta en inglés. Un asubío asoma polos beizos dun gandeiro. Quen acosa ao lobo no monte Medo? Parasol aberto. Un mosquito sobre o parabrisas dun coche. Un home que morde nas uñas. Canción de berce para os que nunca cantan unha cantiga: tristura na estrofa dunha balada. Quen pesca no couto do río Arnoia? Disco raiado. Voo de lavandeira. Reloxo parado. Hai que ter ganas de escribir parvadas! Un gabián plana a moitos metros de altura. Unha nube branca cobre o seu espazo. Un botón que penetra polo ollal. Unha bágoa en caída libre e un sorriso colgado no aire. Hai que darlle voltas aos miolos para plasmar as parvadas. É o que hai!

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Xoves, 16 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario