jueves, 16 de agosto de 2012

BAILANDO POR ENTRE FRASES



              Chora o saxo de John Coltrane e o sol penetra pola fiestra dunha oficina calquera, ou dun pavillón municipal, por exemplo. E pavillóns municipais hai moitos. A gran maioría abandonados, pero... Pero a bonanza dos amiguismos políticos foi coma unha coella parindo. Quen chora agora é a inconfundible voz do gran xenio don Louis Armstrong e un paxaro pousa nunha galla dunha maceira que se ve a través da xanela dunha oficina calquera da que, claro está, se vexa unha maceira. E o reloxo marca a hora dunha mañá que amañece baixo a batuta dun CD que cospe música, moi boa música para que alguén baile por entre as letras dun tema ou as frases dun parágrafo. A mellor voz do mundo, a de dona Barbra Streisand, foxe por esa mesma ventá para encher os pavillóns municipais de utilidade.

              Maceda. Xoves, 16 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario