martes, 21 de agosto de 2012

MEDIO PERDIDO



              Quedo quieto contemplando a luz da lúa. Estou só, medio perdido por entre as carballeiras da Costela. Correra en pos de algo que se movera detrás dunhas toxeiras, pensando que era o lobo ou un xabaril. Cando cansei nin atopei lobos nin xabarís. Ao mellor tan só fora o vento o que movera os toxos. Agora estaba medio perdido, sentado nunha pedra dun valado e contemplando a luz da lúa. Sabía que estaba nas Costelas, pero non sabía volver á casa. Bágoas de tristura e de impotencia enchéronme os ollos e a desolación fixo que me encollera aínda máis sobre os xeonllos. Non sei cómo apareceu, pero diante miña estaba Uriarte, o meu amado e querido can. Deille unha aperta. Díxenlle “imos para a casa”. E souben ao momento que el me ensinaría o camiño.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Venres, 17 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario