viernes, 17 de agosto de 2012

TIRAR A PEDRA



              Aquel que tira a primeira pedra é que ten máis valor cos outros. Ou ao mellor porque é máis covarde. Vai ti saber! Despois tamén se pode analizar cómo é a pedra. E refírome ao peso. Se é grande, non a pode tirar calquera neno. Se é pequena, pode ir máis alá de onde se puxo o ollo. Non é fácil tirar unha pedra. Tampouco é o mesmo darlle no cernizo a alguén cunha pedra de granito ca cun coio dese redondiños do río. Dise que a pedra, ao saír da man, non se sabe onde vai caer. Ou a quen lle vai dar. Non é o mesmo darlle cun cantazo a un político (Deus me libre de facer tal cousa!) que a un pobre desgraciado. Vaiche boa! E se fas a proba, xa os xuíces se encargarán de explicarche a diferenza. Si, realmente é complicado tirar a primeira pedra.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Xoves, 16 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario