miércoles, 22 de agosto de 2012

RÚA CONCEJO DE OURENSE



              Algúns, ao ler o título, xa saben por onde van os tiros. Polo menos xa sei de alguén que, por medio das cartas ao director deste xornal, puxo os puntos sobre os ís con respecto á pavimentación desa rúa. Cada vez que entro nela co coche recórdame a esas carreiras das aldeas nas que ata aos carros das vacas lles custaba circular. A rúa Concejo, hoxe en día, é unha auténtica carreira. En pleno centro de Ourense! Fochancas. Desniveis. Parches. Diversas clases de chapapote. Imaxino os parafusos do auto bailando unha muiñeira galega ou unha samba brasileira. Fíxome nos acompañantes e vexo cómo choutan nos asentos, cómo se ladean, cómo se queixan. Xa lle digo aos meus: “agarrádevos que entramos na carreira”. Os meus fillos, por nomes de rúas, ni  idea; pero se lles digo que imos pola carreira, xa saben o camiño. Unha pena.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Martes, 21 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario