Cando
se publique este relato, a primeira xornada da liga futbolística estará
practicamente liquidada. A mellor liga do mundo, din os entendidos. Os que non
entendemos moito catalogámola como unha das peores. Hai anos que tan só existe
a tal liga para dous únicos equipos. E en cada ano que pasa, a diferenza entre
estes dous clubs e os dezaoito restantes irá a peor. A liga da pantomima. Si,
cáelle ben esa palabra. A gran farsa futbolística española. Só vai ter tres
alicientes: esperar as goleadas que os dous “machotes” Madrid e Barcelona lles
infrinxirán ao resto, esperar os enfrontamentos entre si e esperar a cantidade
de goles dos seus deuses respectivos, Cristiano Ronaldo e Messi. Nestas tres
cousas vai consistir o desenvolvemento da mellor liga do mundo, da maior
pantomima. Certo, deixo de ser tan negativo porque, para un servidor, este ano
si ten un auténtico aliciente: os partidos do Celta e do Dépor. Aínda que os
perdan todos (o Celtiña xa perdeu o primeiro), seguirán sendo os mellores
equipos desta pantomima que xa empezou. 500 e 461 millóns de euros contra 34 e
43. Aí está o gran desfase, televisións a parte.
Cafetaría
Os Carrís da Valenzá. Xoves, 16 de agosto de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario