martes, 21 de agosto de 2012

UN TÍTULO CALQUERA



              Quen soubera cantarlle ao vento tras os cristais dun rañaceos. Non son Sabina e debuxo carantoñas sobre o bafo do cristal. Un fusil sen balas e unha guerra sen armamento. Quen soubera correr sobre as augas da Tapada Nova. Non son Usaín Bolt e colgo das gallas dos amieiros para trasladarme ata Portugalego. Un pleno sen Parlamento e unha loita sen inimigos. Quen soubera repicar as campás da igrexa de Baños de Molgas. Non son o sancristán e asubío un réquiem de Mozart para anunciar as nove da noite. Boa hora para cear peixes do río Arnoia e ler unha novela sobre o significado da circunvalación que transcorre polos Currás. Quen soubera escribir sobre o monte Medo. Non son Alfredo Conde e esborrancho un título calquera.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Venres, 17 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario