jueves, 9 de agosto de 2012

O ASUBÍO DO SILENCIO



              Corre o aire. Voa o paxaro. Nada o neno. O ruído destaca do silencio. Os ciclistas esprintan no velódromo. Chove no sol. Arde o río. Remuíño en augas calmas. Troitas nos niños dos paxaros. O mundo ao revés. Tan só a política vai polo bo camiño. Risas burlonas. Home claro! Que esperabas ao falar da política? Corre o aire. Narra o locutor ou comentarista. Asubía o silencio. A estampa máis bonita nunca vista nin oída: o asubío do silencio. Unha rocha na copa dunha árbore. Cachos de touciño nunha pota de caldo. Voa o paxaro. Nada o neno. Morre o ruído ante o poderío do silencio. O home paga. A nena entra. Segue asubiando o silencio.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Martes, 7 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario