viernes, 10 de agosto de 2012

O INSTINTO VIOLENTO



              Levamos a violencia dentro de nós e penso que, ás veces, xa nos sae fóra por instinto. Ás veces nin tan sequera necesitamos unha escusa, un empurrón para facer uso dela. Chega con que asome un chisco na mente para prender a mecha. Pero por moito que saia por instinto, aínda queda o subconsciente para saber que tal violencia non se pode empregar ante os máis fortes. Aínda que se crucen os cables, ese subconsciente colle polas estradas dos máis débiles. E tal violencia bate con forza nas mulleres e nos nenos, nos máis vulnerables. Non é necesario buscar na guerra de Siria para falar deses actos criminais; en Ourense unha septuaxenaria morre a marteladas na súa casa. A marteladas. Tremendo. Violencia pura e dura. Pero contra o débil.

              Cafetaría Os Carrís da Valenzá. Xoves, 9 de agosto de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario