domingo, 19 de mayo de 2013

DE PURO NERVIOSISMO



              Aínda que o libro está aberto sobre a mesa da biblioteca, Uxío Costado Rabón non está a ler nel. Máis ben xoga cuns garabatos imaxinarios sobre unha das páxinas. Vese a leguas que o rapaz non ten moita ansia da lectura. Creo máis ben que está máis pendente dos ordenadores que están á súa esquerda, pero que están usando outros rapaces e unha señora. As pernas de Uxío Costado Rabón non acougan e tremen de puro nerviosismo. Olla para o reloxo que leva no pulso, pecha o libro, ergue e colle un periódico. Intenta ler, pero o seu mirar de esguello delata a súa impaciencia. Ata se lle poden ler os pensamentos: “malditos sexan, e non acaban!”. Se a súa ollada puidera matar, agora mesmo sería un asasino en potencia. Uxío bufa e mira de mala maneira á señora. Será que, pola idade, pensa que é a que ten menos motivos para manipular no ordenador. Uxío tan só pensa nos xogos. Non hai nada máis alá do seu universo.

              Biblioteca da Valenzá. Xoves, 16 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario