domingo, 26 de mayo de 2013

SEMPRE PARA ADIANTE



              Xente que pasa. Coches que corren. Sol que aplana. Follas que se moven. Ruído de fondo. Silencio entre frase e frase. O reloxo marca as catro e tres minutos da tarde. Un birrio cruza o ceo a gran velocidade. A sombra que acompaña a figura dunha persoa. De calquera persoa. Da que pasa, por exemplo, nestes momentos pola beirarrúa. Tamén da que fai footing pola beira dun río ou por unha pista de terra. Agora, a xente ata fai footing esperando o cambio dun semáforo. Semella que estamos na época de correr sempre para adiante, aínda que nos esnafremos. Ás veces é bo retroceder un pouco e pensar. Pensar na forma de non esnafrarse, claro, cando continuemos cara adiante. Porque ao final sempre tiramos cara adiante. Ata a mesma morte. Aí paramos. Aí nin hai para adiante nin para atrás. Aí quietiños coma paxariños. Xente que segue pasando, coches correndo, ruído ao lonxe e silencio no punto final.

              Cafetaría Menfis de Ourense. Xoves, 23 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario