jueves, 23 de mayo de 2013

LAMENTOS



              Suspiro de can ante unha caricia de carracha e berro de afogado ante unha lúa que baila por entre unhas nubes brancas. Sacho que cae sobre a terra dura dun país que se desangra e do que a semente duns versos deixou un libro cheo de queixumes, de lamentos. Quen puidera agatuñar polo estandarte da bandeira, da nosa bandeira! Lóstrego de luz sobre un arado na palleira. Raio de sol sobre unha pel labrega... que se queima. Todos os responsos dunha canción van por unha vidas que xa non son. Quen se deita na xeada branca dunha película que non se vai estrear nunca?. Ladra o can, oulea o lobo e a carracha fúndese no pelo do animal. Aí atopa o seu vivir. Aí intenta parasitar para sempre. O sacho remove na terra, tapa a semente e un labrego arrastra a súa vida por un país que o menospreza. Quen estea libre de pensamento que se tire contra un penedo. Pobre penedo!

              Cafetaría Menfis de Ourense. Luns, 20 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario