miércoles, 22 de mayo de 2013

PRIVILEXIADOS



              O deputado ourensán Celso Delgado di que as viaxes pagadas en avión ou o iPad que lles facilita o Congreso son necesarios para o seu traballo. Señor deputado do PP, eu tamén traballo e, para máis aquel, teño que usar un coche (que a Xunta non me facilita) que está nas últimas, polo que chupa gasolina coma unha auténtica laga. Si, xa sei que se escudará coas responsabilidades que ten a súa categoría (que habería que analizar ben a fondo, pero é igual, que quede así a cousa), pero dígame vostede se lle dar de comer a unha familia de catro, hoxe en día, non é tamén unha responsabilidade de carallo? Non si? Pois xa digo, nin practicamente coche, nin taxi nin autobús á miña disposición, nin axudas de custo, nin móbiles e, por suposto, moito menos iPads. Así é que, por favor, que non lles pareza mal que os miremos de esguello. Recoñezan dunha vez que son uns privilexiados e que o 90% dos políticos non merecen tal privilexio.

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.
              Martes, 21 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario