viernes, 24 de mayo de 2013

UNHA DOR E UNHA BROMA



              Unha punzada de dor atravesa os cadrís de Xurxo Chamán Soltero. Non sabe se é a causa do lumbago ou porque botou todo o día sachando nas patacas que ten na leira da Pedradarca, do Cantinflas. Ao mellor xuntóuselle todo. Ao mellor ata puido coller unha mala postura na cama. O caso é que, ás veces, dóelle abondo. Tanto que, ao andar, semella que coxea, e cando fai algún movemento estraño é cando esas punzadas asoman. Neste caso, a súa cara cambia de expresión e algunha que outra vez algún laio tamén sae da súa boca. Cando está ben, axiña aparecen na súa mente as típicas bromas sobre o seu segundo apelido; que se está solteiro. Mira que hai xente retorcida e interesada. Emporiso, nunca deixou a ninguén sen resposta dicíndolles que levaba anos casado. Pero aquilo de comprar o apelido co estado civil é algo que xa o incomoda moito. Unha nova picada de dor bótalle por terra o pensamento da broma.

              Cafetaría Menfis de Ourense. Xoves, 23 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario