domingo, 12 de mayo de 2013

SUBVENCIÓNS A AGRICULTORES E GANDEIROS



              Politicamente, unha das noticias que máis destacou da semana pasada foi o éxito da folga que se levou a cabo o xoves sobre a educación. Se falamos deportivamente, está a guerra interna do Real Madrid, comandada polo capitán xeneral Mourinho e a conquista da liga do Barça. Se nos remitimos á cultura, destaca por triste a nova do falecemento dun dos mellores actores que deu a cinematografía nacional, don Alfredo Landa, que, para un servidor, deixou un personaxe inesquecible, o bandido e atracador Fendetestas, que cando quixo atracar unha casa, axudoulle a parir a unha vaca. Pero eu hoxe teño que falar dunha nova laboral que me concirne: que, por fin, rematei coas subvencións a agricultores e gandeiros, máis coñecida pola PAC (Política Agraria Común). Durante tres meses deixei os ollos ante a pantalla dun ordenador metendo leiras e máis leiras de raquíticas áreas para completar expedientes de ducias de hectáreas. O venres, derradeiro día do prazo, rematei ás dez e media da noite!; pensei de que tiña que durmir diante do ordenador. As nádegas xa levaban tempo durmidas de estar tanto tempo sentadas e a cabeza semellaba o zunido dun abesouro logo de bailar ante áreas e centiáreas e ante fotos de leiras amosadas polo Sixpac.

              Finca Fierro. Domingo, 12 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario