martes, 7 de mayo de 2013

DEZ ANOS DE AGROGLAMOUR



              O festival de cine de Cans quizais sexa o máis orixinal de toda a historia cinematográfica. Pode que empezase como unha broma, pero hai que ter aquilo para levantar un proxecto a base de chimpíns, palleiras, galiñeiros e moito agroglamour. Todo empezou polo nome da aldea (Cans) e a súa semellanza na pronuncia do mítico festival francés de Cannes. Iniciouse cuns 500 asistentes e seica se espera pasar de 10.000 na edición que se desenvolverá do 22 ao 25 deste mes. Gustaríame asistir só que fose unha tarde para contemplar o alucine de estreas viaxando en limusinas con rodas dentadas e gordas, e as proxeccións nas bodegas e palleiras da aldea. Emocionarme co traballo dos propios aldeáns ante tal acontecemento; sei que todos poñen algo no evento. Coa orixinalidade alucinou xente como Emma Suárez, Sacristán, León de Aranoa, Gran Wyoming e algúns máis. Dez anos xa de agroglamour. Longa vida a Cans!

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.
              Martes, 7 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario