martes, 14 de mayo de 2013

O MAPA DA INDIFERENZA



              Racha o mapa da indiferenza e divídese o mundo entre os que queren ser e os que foron. Nas beiras dos ríos apousentan os que teñen casa e os que non teñen onde caer mortos. Hai mortos que quixeron bicar a estratosfera dunha soidade enganchada a robustos carballos e hainos, os menos, que foron correndo ata a balaustrada dunha independencia que non chega. Pero que se desexa. Coidar do fogar é coma un kirieleison kristieleison que perdura desde a adolescencia ata o derradeiro suspiro. Aqueles que non teñen onde caer mortos, andan pola beira do río cos pés descalzos e evitando que un coitelo político, económico e relixioso lles esgace a pel. Porque o sangue flotaría nas augas brancas e perderíase no mar da nostalxia. O mapa da indiferenza, da apatía queda de exposición nunha parede chea de chinchetas. Coma un taboleiro de miseria.

              Biblioteca da Valenzá. Luns, 13 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario