viernes, 17 de mayo de 2013

DEMO DE TEMPO



              Demo de tempo. Mira que chover cando uns queren sol. Mira que quentar cando uns queren auga. Demo de tempo. Chove sobre a estatua de Concepción Arenal e sobre a fachada do Pazo de Xustiza. Brilla o sol sobre unha casa calquera de Motril e sobre o Loro Parque de Tenerife. Iso penso. Ao mellor tamén chove por aquelas terras. É igual. Sei que hai máis posibilidades de que por alá brille o sol. Máis posibilidades que por acá. Por acá, xa digo, chove. Chove sobre o colexio dos Salesianos e sobre a rúa Concejo, ultimamente máis coñecida por A Carreira. Hai carreiras de aldeas están ben mellor ca esta rúa. E non queren arranxala. Igual non hai cartos. Pode que se gastaran todos en cubatas. Demo de tempo; atmosférico e de duración. Atmosférico porque chove aquí e noutros lugares asoma o sol. De duración porque as cousas que se fan mal no pasado bótanse en cara no futuro. Demo de tempo. E iso que imos cara ao verán.

              Cafetaría Menfis de Ourense. Xoves, 16 de maio de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario