sábado, 26 de octubre de 2013

A “CARA” DE MONTORO


              A propia cara xa o delata. A do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Ten cara de falso. “O problema do cine español é a calidade”, espetou un día. Pero, ó pouco, non quixo dicir cál foi a última película patria que viu. Na súa negativa a contestar dá a entender que “pasa” do cine español. Non pode, polo tanto, saber se é bo ou malo. E non contento, apostila dicindo que non é partidario de subvencións excesivas a ningún tipo de actividade. Aínda que as sumaran xuntas, non bastarían para rescatar a unha caixa de aforros pequena… e rescataron bancos. Ademais, a cómo poden tocar cando o Fondo Nacional de Cinematografía tan só pode repartir 33 millóns de euros. No 2012 o Reino Unido dedicou 120 millóns; Alemaña, 340 e Francia 770. Á xente do cine trátana de titiriteiros, nugalláns e demais cualificativos negativos, pero se alguén se queda a ver os títulos de crédito finais das películas, darase conta da inmensa cantidade de xente que traballa en cada unha. A ver se recoñecemos dunha vez que a industria do cine xera moitos postos de traballo; quizais sexa das que máis. Agora co IVE están matando o cine, que é cultura, que é negocio, que é o sustento de moitas familias. As películas non só os tres ou catro protagonistas principais e o director. En cada película hai sobre 500 persoas ou máis traballando. A máis películas, máis traballadores, menos paro. Para que? O home que ten cara de falso non as verá.

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.

              Mércores, 23 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario